Luar
Soraya e Lucía Pérez presentan novos discos
12/04/2013
A cantante Soraya presenta a súa nova canción “Con fuego”, mentres que a galega Lucía Pérez interpreta tamén novo tema do seu disco “Volar por los tejados”. Outra novidade é a actuación do dúo Abradelo formado polas irmáns María e Romi, que despois de participar no reality “Expedición imposible” lánzanse ao mundo da canción.
Outras actuacións coas que conta o programa son as dos participantes en “Recantos” e “Punta Tacón”, a Agrupación Folclórica A Fontenova e as Pandeireteiras A Buxaina.
Ademais, un xurado composto por Teté Delgado, Tacho González e Lito de Arzúa elixe o mellor chiste entre 18 concursantes.