CRTVG

Buscar

Larpeiros

Solombo recheo con queixo de Arzúa / Torta de queixo con cereixas

10/06/2015 22:00 h

Co queixo coma eixe central, os “Larpeiros• farán diversas propostas e Benigno terá a fantástica idea de utilizalo sobre unha carne para darlle un toque especial que deixará os seus compañeiros sen palabras: solombo recheo de queixo de Arzúa. 

Para dar a coñecer os ingredientes, Adrián, viaxará ata Antas de Ulla. Alí, da man de Antonio, aprenderá o proceso tradicional da elaboración do queixo pero engadíndolle un toque un pouco diferente que dará coma resultado un queixo de Arzúa-Ulloa con pemento picante. 

Xa de volta na casa, a sobremesa correrá a cargo, coma sempre, de Merchi e Leni, que agasallarán os comensais cunha torta de queixo aderezada cunha das froitas estrelas da temporada: as cereixas. 

Atopar capítulo por: