Alalá
Señora Carmen
09/06/2008 22:05 h
A resposta tena a Señora Carmen, que presentou hai uns meses o seu primeiro disco en solitario, pero que xa participou noutros seis: tres coas Malvela, o grupo no que canta desde hai dez anos, e o resto como convidada doutros artistas.
Para ela, o traballo que dá gravar un disco ou percorrer os teatros de medio mundo non é nada, afeita a toda unha vida de traballar no campo, de ir a pé de feira en feira turrando do gando, de pasar noites de frío no muíño e de atender a casa e os catro rapaces. Unha vida de sacrificio na que a única diversión foi a música: ir ó baile e, sobre todo, cantar, cantar sémpre.