CRTVG

Buscar

Luar

Semana coa infancia, con Sergio Dalma, Lucía Regueiro, India Martínez e Ana Moura

18/11/2016 22:00 h

O “Luar” deste venres centra a súa temática na “Semana coa Infancia” que desenvolve a CRTVG en apoio a UNICEF. O espazo presentado por Xosé R. Gayoso ten como convidada especial a Lucía Regueiro, que é a embaixadora de UNICEF no programa.

Outro artista convidado é Sergio Dalma, que está a presentar novo disco: “Dalma”. Tras máis de dúas décadas de carreira musical, Sergio Dalma publicou un álbum que se achega un pouco máis ao pop e se afasta das baladas que o fixeron entrar nas listas de éxitos. Tamén actúa a cantante cordobesa India Martínez, unha das voces máis potentes do flamenco pop dos últimos anos. A artista xa leva sete álbums de estudio as súas costas e colaboracións con cantantes como Prince Royce, Enrique Iglesias, David Bisbal ou Abel Pintos. 

Sumándose á campaña de UNICEF, participan en Luar David Amor, Terio Carrera e Benigno Campos. Ademais, tamén se soben ao escenario a fadista Ana Moura e as agrupacións galegas A Volta do Agro e Cantigas da Terra

Na sección “Leña á ferreña”, compiten Raquel Sesar e Luis Villanueva. “Recantos” chega  final da primeira fase con Diego Vivaldi de Bergantiños, que interpreta “Moza linda”, e Nuria Permuy de Terras e Pontevedra, que canta “Ao meu xeito”.   

 

Atopar capítulo por: