Alalá
Óscar Ibañez
07/12/2010 22:05 h
“Oscar Ibáñez and Tribo” é a culminación dun profundo estudo da personalidade e das técnicas dos vellos gaiteiros galegos. A culminación dunha formación académica cos mellores como Ernesto Campos e dunha longa e prolífica carreira de mestre e investigador musical por Europa e América.
Óscar é un músico multidisciplinar, un gaiteiro do século XXI que compón, investiga e dirixe. Bebe da música tradicional e crea novos ritmos, novas perpectivas e novas formas de entender a súa paixon: a música de raíz galega.