CRTVG

Buscar

Larpeiros

Salmón con salsa de améndoas e bica branca de Laza

17/03/2016 22:00 h

Benigno Campos pensa facerlle hoxe unha homenaxe ao salmón, pero dándolle un toque diferente, así que prepararao en salsa de améndoas e, para que a festa sexa aínda máis grande, acompañarao cun arroz integral con verduras.
Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, achegarase esta semana a Tui, onde, coa axuda de Xosé Luís, se converterá en todo un experto na fabricación de gulas, unha alternativa simpática ás angulas coa que se poden preparar ducias de cousas ricas. De volta na casa, estarao agardando unha sorpresa en forma de sobremesa: a bica branca con crema inglesa preparada por Merchi e Leni.

Atopar capítulo por: