CRTVG

Buscar

Larpeiros

Salmón con crema de verduras / Palmeiras en branco e negro

16/04/2015 22:00 h

Os ríos serán hoxe o tema de conversa na mesa do programa “Larpeiros”. Os ríos son fundamentais e, aínda que non os coidamos como deberamos, son a clave para ter boas hortas, bos viños e bos peixes, claro. A lamprea, a troita, o salmón, as anguias e tamén algún menos coñecido como o sable, que é ben prezado no Miño, son algunhas das exquisiteces que saen das súas augas. A maioría son peixes fáciles de atopar nos mercados e case sempre saen ben de prezo. Como xa hai tempo que non se come nada diso na casa dos “Larpeiros”, xa teñen unha boa escusa para facerlle unha homenaxe a algún destes peixes tan ricos.

Así pois, Benigno proporá preparar un peixe de río que ás veces pode resultar un pouco forte de sabor, pero o mestre da cociña vaino preparar dun xeito que lle dea suavidade: salmón con crema de alloporro. Patacas, cabaciña e unha crema de alloporro van servir de acompañamento perfecto para un salmón ao forno, que mesmo lles vai gustar aos que non son moi fans deste peixe tan viaxeiro. A nota doce, porana, como é habitual, Merchi e Leni, que prepararán unhas palmeiras de chocolate.

En busca da materia prima para o almorzo marchará, coma sempre, Adrián, que viaxará desta volta a Arbo para descubrir todos os segredos da pesca dun dos peixes de río máis peculiares e saborosos: a lamprea. Da man de Ángel, xogará o tipo saltando de rocha en rocha polas pesqueiras para facerse coas mellores lampreas para os seus compañeiros.

Atopar capítulo por: