CRTVG

Buscar

Alalá

Romaría Raigame

23/06/2008 22:05 h

Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia a amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con gañas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos.

A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourezo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos recollendo e espallando todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame,. Tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, e nas actividades os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo Castro Floxo.

Así que neste programa témolo todo: os artesáns, a romaría e os amigos de Castro Floxo. Un luxazo.

Atopar capítulo por: