CRTVG

Buscar

Larpeiros

Rolo de tenreira recheo de xamón e espinacas / Torta de galletas con café e moscatel

30/04/2015 22:00 h

O valor dos detalles na mesa centrará hoxe a conversa dos “Larpeiros” da TVG, xa que nun xantar agradable é tan importante o prato principal como todo o que o acompaña. Unha boa comida necesita que o viño sexa rico, que o pan sexa bo e como non, que o café estea á altura. Cantas boas comidas acaban sendo regulares porque o pan é malo ou porque o café está amargo e requente! Facer ben o café é toda unha arte e ademais é un ingrediente que da moito xogo nas sobremesas. E, falando de café, Merchi xa ten na cabeza algo rico que facer con el: unha torta de galletas con café e moscatel. 

A “larpeira” deixou o listón moi alto coa súa lambetada pero, Benigno xa ten unha boa idea dando voltas na súa cabeza para estar a altura da ocasión e proporá facer un xantar que non deixara a ningún dos seus compañeiros indiferente: rolo de tenreira recheo de xamón e espinacas, todo un prato de festa.

Para isto, Adrián, viaxará desta volta á Coruña, onde, da man de Nacho, se converterá en todo un experto no café e no seu proceso de torrado. Aínda enredará outro pouco na cafetería Venecia, en Santiago de Compostela. Alí, grazas a Óscar, aprenderá a facer un dos mellores cafés de pota do mundo.

Atopar capítulo por: