CRTVG

Buscar

Larpeiros

Roliños de carne recheos e patacas Hasselback, e lambetada de requeixo con marmelada de kiwi

25/02/2016 22:00 h

Ao falar de queixo, aos “Larpeiros” entraralles o antollo e, para cumprirlles o capricho, Benigno Campos preparará un xantar con este produto como protagonista: roliños de carne recheos de queixo, que acompañará cunhas patacas ao forno, feitas cunha receita moi especial. 
Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, desprazarase ata a Casa Grande de Xanceda, en Mesía (A Coruña). Alí visitará, da man de Carme e Guillerme, unha granxa única, en que as vacas producen leite para uns queixos curados dun xeito moi peculiar.  De volta nos fogóns, “Larpeiros” dará conta de como o queixo é un produto ideal para a elaboración de lambetadas, especialmente no caso dos queixos frescos e requeixos, que se empregan en mousses, cremas e outras sobremesas. En concreto, nesta entrega proporán rematar o xantar con lambetadas de queixo en vasiños, un doce co que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”. 

Atopar capítulo por: