CRTVG

Buscar

Alalá

Roi Casal

22/06/2011 22:05 h

Roi Casal está a presentar o seu segundo disco en solitario: Máxicamente vello. A súa música soa ás veces tradicional, outras moi pop ou moi roqueira. Unha mestura que a Roi saelle de xeito natural. Tiña que ser así á forza, porque é fillo de Nando Casal, o gaiteiro de Milladoiro, e medrou rodeado dos discos de seu pai e de tódalas outras músicas que ía descubrindo por si mesmo.

Toca un mundo de instrumentos, aínda que o que o caracteriza é a arpa. E a pesar da súa xuventude tén pisado xa algúns dos principais escearios do planeta. Porque non tiña máis que 19 anos cando se converteu no arpista de Milladoiro, nin máis nin menos. Calquera pensaría que iso é como se che toca a lotería ou aprobas unha oposición. Pero el non quixo acomodarse e dez anos despois deixou o grupo para intentar seguir o seu propio camiño.

Ademáis de tocar e cantar, Roi compón a música e moitas das letras das súas cancións. Cancións nas que agroma o seu compromiso manifesto coa cultura galega.

Atopar capítulo por: