CRTVG

Buscar

Alalá

Ricardo Portela

19/05/2009 22:05 h

Neste Alalá coñecemos e homenaxeamos a un dos grandes gaiteiros tradicionais da nosa terra: Ricardo Portela.

Foi un gran defensor da dignidade do gaita e da figura do gaiteiro, afastándose de círculos oficiais que o relegaban como instrumento -e como músicos- de curiosidade pintoresca e exótica da Galicia. 

Como músico foi un executante espectacular, capaz de transmitir vibracións especiais con moita mestría. Cunha técnica propia: 'o pechado porteliano'. Os gaiteiros populares facían improvisacións e facían xiros, pero non sistematizaban as pezas. Ricardo Portela sistematizaba os adornos, estudaba os ornamentos e executábaos sempre do mesmo xeito, sen esquecer o sentimento de cada unha das notas que él daba.

Como persoa, foi unha figura moi querida no panorama da música tradicional. Preocupado pola transmisión, sempre foi un gran admirador da xente nova interesada en aprender a tocar, gozar e difundir os sons da música de Galicia.

 

Atopar capítulo por: