Alalá
Regueifeiros en Gondomar
07/03/2006 22:05 h
Catro mestres da retranca que nos van explicar os segredos desta loita dialéctica de longa tradición en Galicia. Ademais, achegarémonos ás súas vivencias particulares para intentar coñecelos de preto: veremos a Pintoen familia e no seu oficio de pementeiro; iremos ata Viana do Castelo para ver onde vive e onde se inspira Augusto Canario, un dos artistas máis populares do norte de Portugal; asistiremos a clase música con Luis Caruncho, quen despois nos descubrirá, xunto co seu amigo Benito Lobariñas, cal é a mellor receita para un licor-café exquisito: unha receita que nos ensinarán en forma de regueifa!