CRTVG

Buscar

Larpeiros

Redondo de tenreira con salsa de cenorias, e pastel de praliné

31/03/2016 22:00 h

Benigno Campos, que se apunta a todo, está hoxe disposto a facer viaxar os “Larpeiros” a través da súa cociña, para o que proporá como prato principal un redondo de tenreira con salsa de cenorias, unha receita que vai levar unha copiña de viño de Porto para darlle un toque diferente.
Nun programa tan viaxeiro como o desta noite, non podía faltar a participación de Adrián, o “larpeiro” máis itinerante, que se achegará nesta ocasión ata Viana do Bolo, onde, da man de Lina, coñecerá unhas vacas francesas que viven igual de adaptadas a Galicia que as nosas razas autóctonas, as vacas blondas.
De volta na casa, a festa será completa co pastel de praliné co que Merchi e Leni agasallarán os seus compañeiros.

Atopar capítulo por: