CRTVG

Buscar

Luar

Recta final dos concursos. Actúan Víctor Manuel, Las Supremas de Móstoles e João Afonso

31/05/2013

 Os finalistas dos concursos de baile e da canción do programa encamiñan a recta final das eliminatorias. Das probas de Punta-tacón sae a primeira finalista, e en Recantos selecciónanse os catro cantantes que pasarán á seguinte fase clasificatoria. 

 Respecto ás actuacións musicais, “Luar” conta coas actuacións dos cantautores Víctor Manuel e João Afonso, o sobriño de Zeca Afonso, e de Las Supremas de Móstoles.

 Os artistas galegos teñen un oco destacado no programa, este venres grazas ás actuacións de Manuel Deandrade, da orquestra Nova Big Band, da agrupación folclórica Malveiras, do Carril, e das pandeireteiras da asociación cultural Neme, de Carballo, entre outros.

Atopar capítulo por: