CRTVG

Buscar

Luar

Raphael, Tamara e Alfredo Garrido

13/11/2015 22:00 h

Raphael é o convidado estrela de Luar.  O artista está de actualidade pola súa participación na película “Mi gran noche” e pola súa xira “Sinphónico”, un proxecto pensado para levar ao público o seu espectáculo acompañado por unha grande orquestra sinfónica.

Outra convidada é Tamara, que acaba de lanzar novo disco: “Lo que calla el alma”, un traballo agardado e coidado ata o máis mínimo detalle en que, sen abandonar a súa esencia e o seu peculiar estilo, amosa a súa faceta máis pop e actual.

Polo escenario de Luar pasan tamén o artista bilbaíno Alfredo Garrido, cantante, autor e produtor de numerosos proxectos musicais, entre eles as cancións de series infantís como “Marco” e “Mazinger Z”; a Asociación Cultural Cántigas e Frores, agrupación lucense que leva máis de medio século promovendo a cultura tradicional; e o dúo Jambrina e Madrid, dedicado á investigación, difusión e interpretación da música tradicional zamorana.

Ademais da música, tamén éprotagonista no programa a boina, un dos tocados masculinos tipicamente galegos. Presentadores e colaboradores irán ataviados con este complemento.

No concurso “Vai de Gaita”, é a quenda de Omar e de Gloria; e no Recantos, miden as súas aptitudes vocais Alba Docampo, representante da Comarca Terras de Ordes, e Marcos Pardo, procedente de Ourense Norte.

 

Atopar capítulo por: