Larpeiros
Rabo de tenreira e torta de crema de froitas
17/01/2017 22:00 h
Don Benigno opta por un exquisito guiso andaluz adubado con sabedoría e sabor galego para sorprender os larpeiros.
Precisamente, as patacas galegas provocarán unha animada conversa entre os asistentes ao banquete por estaren presentes en pratos típicos galegos, coma o cocido, o caldo ou o polbo con cachelos. Pratos que non se imaxinan sen patacas, que tamén son imprescindibles nos guisos. A sobremesa porana Leni e o reposteiro Manuel cunhas minitortas con crema de froita.