CRTVG

Buscar

Alalá

Quinteto de Monterrei

22/12/2008 22:05 h

No ano 1911, o gaiteiro José Posada emigra a Cuba, como tantos outros galegos. Marcha na procura doutra vida, pero deixou algo máis que o seu esforzo na Illa, deixou o son da súa gaita. Nos primeiros anos en Cuba a música reservábase para os momentos de diversión, pero co paso do tempo, nos anos trinta, Posada funda o “Quinteto Monterrei” e compaxina o seu traballo de reloxeiro co de músico.

A testemuña de José Posada non a temos pero si a do seu fillo, Rodolfo, que seguiu os pasos do pai, tocou no Quinteto con el e conserva o gran legado que el lle deixou: partituras, ferramentas, gaitas, fotos…

Como chegou este traballo do Quinteto de Monterrei a Galicia? Isto produciuse grazas á coincidencia dunha viaxe do músico e investigador Oscar Ibáñez. Alí faláronlle de que aínda vivía o fillo do gaiteiro do Quinteto e, desde ese momento, púxose a traballar para sacar á luz un libro CD do grupo.

A gravación da “Reconstrucción musical do Quinteto” tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra e a presentación do traballo aconteceu na Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Verín.

 

Atopar capítulo por: