Imos indo
De Nemiña ao Faro de Fisterra con Nieves Rodríguez
08/07/2018 23:45 h
O programa “Imos Indo” chega ao seu final coa derradeira etapa do Camiño dos Faros, a que separa Nemiña de Fisterra, onde Quique Morales, estará acompañado por Nieves Rodríguez, presentadora de “Vaia Troula”. Este percorrido de pouco máis de 26 quilómetros lévaos ata o faro de Fisterra, o final do traxecto.
Polo camiño atopan o impoñente Cantil da Mexadoira e a praia do Rostro, onde falan coa trasna e mestra Verónica del Valle. Ademais, lembran coa xornalista Cruz García o afundimento do Casón, soben ao Cabo da Nave e ao Monte Facho e viven unha xornada cargada de emocións.