Cos pés na terra
Andrea, Suso e Pedro, e Gonzalo
19/12/2022 23:15 h
En "Cos pés na terra", temos unha cita con Andrea no seu recuncho do mundo, Os Ancares. Aquí é onde ela atopa a inspiración en cada pequeno detalle que a rodea para escribi-la súa poesía.
Coñeceremos tamén a Suso e Pedro, dous produtores de shiitake, un cogomelo chegado do afastado Oriente para face-las delicias de todos aqueles que queiran innovar na cociña.
E visitaremos a Gonzalo, un gandeiro amante das razas autóctonas galegas que ten conta de pitas de Mos, vacas cachenas, ovellas galega e uns porcos celtas ós que as patacas non lles poden gustar máis.