Cos pés na terra
Neste programa poderemos seguir historias humanas apaixonantes de esforzo e tesón, con humor e simpatía, que nos achegan a opción inequívoca de quedar na terra como medio de desenvolver o traballo.
Tres protagonistas, tres historias, tres vidas distintas entrelázanse en cada programa en función do contraste que presenten. Así, estará o que vive só e o que ten familia numerosa; o que recupera labores e produtos tradicionais xunto ao que innova ou opta polo exótico; o prudente e o botado para diante; o novato e o experto; o que ten a cidade a un paso e o que vive lonxe de todo.
En cada entrega poderemos vivir de preto as pequenas e grandes historias destes homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.