CRTVG

Buscar

Luar

Programa solidario coa campaña contra a pobreza infantil de Axuda en acción

05/05/2017 22:00 h

Programa solidario, dedicado a apoiar a campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña”, de Axuda en acción. Xunto con Xosé Ramón Gayoso, sóbense ao escenario rostros coñecidos da TVG, como os presentadores Marga Pazos e Terio Carrera ou a actriz Lucía Regueiro, para animar os espectadores a chamar por teléfono e apadriñar a nenos e nenas que viven en condicións de pobreza extrema en todo o mundo. 

A artista convidada é a soprano internacional Ainhoa Arteta, quen amosa a versatilidade da súa voz que lle permite combinar as actuacións operísticas con recitais e concertos en que interpreta coidados repertorios de cancións españolas e francesas modernas. 

Tamén actúan a cantante e violonchelista Rosa Cedrón e o músico e estudoso do folclore tradicional galego Xabier Díaz , a quen acompañan Adufeiras de Salitre. As pandeireteiras colaboran nas cancións do seu último álbum “The tambourine man”, en que reinterpreta, desde un enfoque contemporáneo, a música tradicional.

Ademais, o grupo de voces Sons de Celeiro, a Coral de Muxía, a Escola de Música de Santa Comba  e a orquestra Galilea completan o elenco de actuacións do programa. No concurso Vai de baile, compiten os Xarelos da Coruña e os Pícaros de Ningures; e, en Recantos, Antonio Barros de Vigo e Aneu de Ourense Sur. 

Atopar capítulo por: