CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 76: Manda grelos!

12/04/2011 22:04 h

Os lambóns televisivos máis faladores están dispostos a todo para ofrecernos unha nova noite de gastronomía ilustrada, tutelada por Benigno Campos e acompañada de boa conversa, humor e cancións populares, para preparar un exquisito tudillo con grelos. Pero antes de chegar a manxar tan delicioso, o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a vila de Trazo, moi preto de Santiago, considerada capital do grelo.

En Trazo, o intrépido larpeiro vai recibir un curso acelerado sobre este prezado produto, denominación de orixe galega, para saber distinguir o nabo, do grelo e da nabiza, unha verdura que logo irá para a conserveira da Rosaleira, que comercializa estes e outros produtos das nosas hortas. No mercado das Travesas, de Vigo, Tomás consegue o tudillo que acompañará os grelos e logo levará todo xunto ata a casa rural onde agardan Benigno, Lola, Leni e Marta para a realización da receita.

Atopar capítulo por: