CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 70: Requeixo para todos

01/03/2011 22:01 h

O equipo de Larpeiros da Galega métese esta noite nunha nova aventura gastronómica, con máis humor, conversa e cancións, onde o comandante Benigno Campos nos vai preparar un prato ilustrado, para degustalo na compaña de máis larpeiros, na casa rural onde se cociña todo.

A proposta para esta noite terá como prato principal lasaña con requeixo; pero antes o larpeiro Tomás Alonso iniciará o periplo necesario por aqueles lugares de Galicia onde se atopan os mellores e máis axeitados ingredientes que require o esixente mestre, desprazándose hoxe ata a localidade coruñesa da Capela, moi preto das Fragas do Eume, onde se fai un dos mellores requeixos do mundo.

Na súa aventura, Tomás vai estar acompañado por dous expertos, Geli, que traballa no Campo Capela, e Miguel Vila, un dos xornalistas gastronómicos máis respectados do país. Co requeixo, a pasta, a carne picada, as lascas de queixo e algunhas verduras, Tomás regresará á casa para que Lola e Benigno preparen o prato.

Atopar capítulo por: