CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 67: Que viva a empanada!

08/02/2011 22:08 h

Os larpeiros máis divertidos de TVG regresan á pantalla con novas aventuras e novos pratos, máis humor, conversa da boa e, como non, cancións populares, da man do equipo do mestre Benigo, co reporteiro Tomás Alonso, Lola e Leni, que, xunto ao resto de convidados, teñen para hoxe, como sorpresa principal, a preparación dunha empanada de chocos, unha das iconas da gastronomía galega.

Pero antes de chegar ao momento de exaltación da empanada, o reporteiro Tomás fará as súas investigacións na casa da Fervenza, no Corgo (Lugo), onde coñecerá unha experta na materia, para logo mercar os chocos no barrio vigués de Teis e as verduras no Porriño.

Amais de ter por bandeira o exercicio do bo humor, os larpeiros afrontan unha nova tempada para ilustrar e compartir a gastronomía galega con todos os espectadores, entre cantiga e cantiga.

Atopar capítulo por: