Larpeiros
Larpeiros. Cap. 63: Un peixe con boa pinta
Neste novo capítulo teremos de cociñeira á viguesa Celia Cabrera que nos vai preparar unha saborosa caldeirada de peixe feita con pintos e un martiño. Celia é a responsable dos fogóns da cociña do Museo do Mar de Vigo e precisará dunha boa compra para que o seu guiso mariñeiro sexa todo un éxito. Para tan exquisito manxar, o xornalista de investigación Tomás Alonso desprazarase ata a Costa da vela, entre Vigo e Aldán, un dos recantos do noso país máis fermosos e perigosos para a pesca. Tomás vai embarcarse con Alberto e Manuel que lle aprenderán todos os segredos sobre a pesca do pinto e todas cantas castes de peixe entren no seu trasmallo. Ben poderían ser maragotas, polbos, fanecas...
Coa teoría do pinto aprendida o larpeiro fará unha parada no mercado de Bueu. Alí Manolito, o peixeiro, venderalle uns fermosos pintos e un martiño que o van deixar pampo. As verduriñas han ser cousa da súa froiteira María Jesús. Co peixe e as verduras no cesto, Tomás regresa a casa coa satisfación de ter ben feito o seu traballo. Agora tócalle a vez a Celia, a cociñeira, a ver como
sae todo.