Larpeiros
Larpeiros. Cap. 58: Sabor a mar!
Antes de pasar aos fogóns, a velada contará as fazañas do larpeiro itinerante Tomás Alonso, que se desprazará ata a Illa de Arousa para ver como se crían nunha batea os mellores mexillóns do mundo, os de Galicia; o bateeiro Ramón Otero amosaralle algúns segredos da cría deste molusco que, grazas ao bo facer dos traballadores do sector, converteu o noso país no segundo produtor do mundo.
Tomás embarcará no peirao de Xofre, na Illa de Arousa, para desde alí ir con Ramón ás bateas para realizar tarefas propias, como levantar as cordas, sacar os mexillóns, limpalos, clasificalos e metelos en sacos...antes de ir ao mercado de Pontevedra a pola pescada e os mexillóns, pois os produtos coa denominación de Pescaderías serán as estrelas do prato que vai cociñar a campioa da cociña galega de 2008, Inés Abril, unha moza cociñeira que desenvolve a súa sabedoría culinaria nos fogóns do restaurante vigués "Maruja Limón". Con produtos das rías, pescada e mexillóns, Inés fará un prato que lle aprendeu a súa nai e que vai perdurando a través de varias xeracións, "A pescada rechea de mexillóns".