Larpeiros
Larpeiros. Cap. 41: Toma castaña!
Nunha aventura máis pola noite dos Larpeiros na Galega, estes decidiranse por degustar un polo acompañado de améndoas e castañas, coma un xeito diferente de comer esta carne tan saborosa e para sorprender os convidados, seguindo as instrucións do mestre dos larpeiros, Benigno.
Desta vez, o reporteiro intrépido Tomás Alonso decide ir a Moneixas, no concello de Lalín, onde apañará unhas boas castañas nunha fraga do lugar e tamén aprenderá a distinguir os distintos tipos deste froito seco, grazas á axuda de Inés e Lourdes, aínda que pasará verdadeiras penurias para conseguir os prezados produtos. Logo de empregarse a fondo neste traballo, Tomás achegarase ata a feira de Lalín, onde mercará os legumes e o polo indicados polo mestre e tamén sorprenderá os larpeiros cun delicioso pan da zona. Cando finalmente chega á casa dos larpeiros, Benigno poñerase a facer a receita na cociña, axudado da súa conselleira Lola.