Larpeiros
Programa 260: Pastel de bacallau con pementos / Brazo de xitano
24/09/2015 22:00 h
O mestre Benigno proporá facer para o xantar, unha receita que deixará aos demais compañeiros pampos: “Pastel de bacallau con pementos”. Un prato semellante aos pasteis clásicos de peixe, pero que nesta ocasión leva dous ingredientes que casan á perfección: O bacallau e os pementos asados.
De volta na casa, a festa vai ser completa co brazo de xitano, co que Merchi e Leni agasallarán ao resto de comensais.