CRTVG

Buscar

Larpeiros

Programa 258: Guiso de parrochas afogadas / Empanadillas de agullas

07/09/2015 22:00 h

Os “Larpeiros” chegan á conclusión de que estes peixes, a xouba, a parrocha e a sardiña, están boas de calquera xeito, mesmo en conserva. 

O mestre Benigno está moi inspirado pola conversa que teñen no almorzo, e propón facer ese “guiso de parrochas afogadas”. Esta receita está considerada un dos clásicos da cociña galega. 

O máis importante para esta receita son os ingredientes, e como é habitual, o “larpeiro de campo” Adrián irá voando ata Carril. Alí, da man de Suso, aprenderá a facer unhas conservas de navallas. O reporteiro terá que aplicarse para poder traer uns exemplares á altura da ocasión. 

Para esta momento tan especial, o menú vaise completar cunhas empanadillas de agullas. Merchi e Leni agasallarán aos seus compañeiros “Larpeiros” con tan prezada receita.

Atopar capítulo por: