CRTVG

Buscar

Larpeiros

Programa 257: Pavo con verduras e brownie de cenorias

31/08/2015 22:00 h

Os “Larpeiros” debaten arredor das verduras e dos legumes, sobre a grande diferenza que hai entre unha leituga, un tomate ou un pemento da casa cos mercados nas grandes superficies é ben grande.

O certo é que estes ingredientes dan moito xogo á hora de cociñar, e se non que llo digan a Benigno, que adora cociñar con verduras. A proposta que trae este cociñeiro para os “Larpeiros” é un xantar en que as verduras teñen un papel protagonista. Para iso, o cociñeiro trae un pavo e cocíñao coas tan prezadas verduras. 

Para que este xantar de “Pavo con verduras” sexa posible, Adrián vai correndo a Vilagarcía. Alí, da man de María, coñece os coidados que precisa una horta para ter froitas e verduras que se poden vender despois no mercado. 

Xa de volta, e para a sobremesa, Merchi e Leni agasallan os “Larpeiros” cun suculento “Brownie de cenorias”.

Atopar capítulo por: