Larpeiros
Programa 255: Peixe sapo con tomate e xerez / Pasteliños de chocolate e mirabeis
Os “Larpeiros” preparan un xantar que xira ao redor dos tomates. Tras unha longa conversa sobre este produto tan socorrido en todas as casas do país, chegan á conclusión de que xa non é tan doado atopar tomates “de verdade”. No noso país existen variedades autóctonas, como os tomates negros de Santiago ou os que lle chaman “corazón de boi”, En Pontecesures existe unha variedade chamada “Mariló” e en Ourense, os Olimpia. Sen esquecer a variedade do Rosal.
Benigno propón cociñar peixe sapo con tomate e xerez. Pero a salsa non será a tradicional, senón que terá un toque diferente que a deixará moi aromática e rica.
Para poder facer esta receita fan falla uns ingredientes e o encargado de traelos é Adrián, que vai ata o concello pontevedrés do Rosal. Alí coñece de primeira man a campaña do mirabel, unha froita pequena, amarela e moi saborosa, que só se recolle durante 15 día ao ano.
Finalmente, a sobremesa corre a cargo de Merchi e Leni que fan pasteliños de chocolate e mirabeis.