CRTVG

Buscar

Era visto

Programa 144: San Xoán / Non me mandedes flores / Casabranca

22/10/2015 22:30 h

En Lameiro non queren ser menos que na Choupana e deciden organizar a mellor festa de San Xoán da historia.

Por outro lado, despois dunha inequívoca visita ao médico, Moncho cre que vai morrer e inicia unha serie de trámites para facilitarlle o futuro á súa familia. Pero todo o mundo semella ter ideas propias sobre ese dramático momento.

Finalmente, no último sketch do “Era Visto!” desta semana, tal como lle pasou a Rick, Kevin ten que ver marchar a súa moza polo ben do mundo libre. Baixo a influencia da película, Kevin convértese nun trasunto de Humphrey Bogart e sacrifícase deixando partir a súa noiva.

Atopar capítulo por: