CRTVG

Buscar
O home do tempo / Elvira, comunista / Loita de poder

O home do tempo / Elvira, comunista / Loita de poder

06/03/2019 - 23:35 h

Era visto

Horas de emisión:

Sa
  • 22:00

Comedia familiar, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego e en que destacan as conversas de Moncho coa súa contorna.

Cada edición inclúe tres historias ou sketchs independentes, a partir dun modelo narrativo de cámara fixo, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. A acción transcorre nese rural moderno onde os usos e costumes tradicionais se adaptan día a día aos cambios da sociedade (o traballo nos polígonos industriais altérnase co cultivo das terras e as familias aproveitan os días de feira para visitar as modernas superficies comerciais das vilas).

Un pai de familia, a súa muller (Elvira), o fillo adolescente (Kevin), o xefe despótico (Anselmo) e os amigos bardallas (Lino e Puskas) representan tipos ben recoñecibles para o público e característicos da comedia de costumes galega. As historias das que son protagonistas son pouco máis que sucesos anecdóticos que lles permiten explotar o seu potencial cómico.

Os personaxes, sobre todo, falan, e o que lles pasa, do que discuten, o que intentan amañar, son conflitos cotiáns e recoñecibles, baseados na súa maior parte en catro temas: a guerra dos sexos (entre Moncho e Elvira); o conflito xeracional; os problemas laborais de Moncho con Anselmo, e as iniciativas absurdas de Moncho, iniciadas por Puskas e Lino.

Galería de imaxes

Era visto á carta