Clac
Programa 11: A condesa rebelde
01/10/2021 22:55 h
O 2021 é o dos cen anos desde a morte de Emilia Pardo Bazán. Escritora, pensadora, feminista e precursora que rompeu moitos teitos de cristal na España da segunda metade do século dezanove e comezos do vinte.
Neste Clac preséntase ‘A condesa rebelde’, unha película feita para televisión sobre a vida da intelectual coruñesa
Forma parte dun cobizoso proxecto da produtora Zenit para a Televisión de Galicia. Con el, preténdese achegar ao público o perfil de mulleres pioneiras da historia galega. É o caso de Juana de Vega, Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Sofía Casanova.
Sobre o filme falaremos coa directora Zaza Ceballos e a actriz protagonista Susana Dans.