Clac
Clac’, o novo programa de cinema da canle pública, co audiovisual galego como protagonista absoluto. Cunha periodicidade semanal, ‘Clac’ emitirase na G2 ás 23:00 horas e estará presentado e dirixido pola xornalista Tania Fernández Lombao. Realizado no estudio 5 de San Marcos, ‘Clac’ contará, amais, coa colaboración do experto en cinema e compañeiro dos medios públicos galegos Eduardo Galán. En cada edición desenvolverase un coloquio con membros do equipo da película seleccionada, duns 30 minutos, e despois da conversa emitirase a película.