Luar
Volve Busta
Baixo o lema “Volve Busta”, o programa contará, outra temporada máis, coa presenza dun artista xa habitual nas noites dos venres da Galega e que nunca se cansa de vir.
Pero a oferta deste venres no “Luar” é moito máis ampla. O entretemento e a diversión están garantidos coas actuacións de diferentes agrupacións tradicionais, entre as que destacan a Agrupación Folclórica Xistra con “Canto de Rubiños” e “Xota Pumarega” de Ribadeo” e Os Melidaos con “Festa na Codeseira”. Dentro deste bloque folclórico tamén destaca un convidado de prestixio, o marinense Davide Salvado que interpretará “Muiñeira Maronda”.
Non hai que esquecer tampouco os dous concursos musicais máis populares deste programa. En “Vai de Gaita”, Carmen, Suso Vaamonde e Noa interpretarán “Golpe de Mondariz” e Óscar e Cristian xunto con Pablo interpretarán “Muiñeira de Ambite”. Por outra banda, en “Recantos” terá lugar a segunda competición da temporada. Lorena Guerra, representante de Lugo Sur, interpretará “A chuvia” e terase que bater nun doo musical co representante de Noia-Barbanza, Gonzalo Brea, que aposta polo tema “Delilah” de Tom Jones.