CRTVG

Buscar

Luar

Premios de Gastronomía e de Periodismo Gastronómico, con Luis Emilio Batallán, A Roda e Marlene Mourreau

17/02/2017 22:00 h

O programa é o escenario da entrega dos Premios de Gastronomía de Galicia e dos Premios Nacionais de Periodismo Gastronómico. Galardóns que recoñecen profesionais e empresas do mundo da gastronomía e mais os mellores traballos de difusión neste ámbito.

No apartado musical, Luar conta coas actuacións de Luis Emilio Batallán e o grupo A Roda. O cantautor compostelán visita o programa  para interpretar “Quen poidera namorala”, un dos temas máis coñecidos do seu mítico disco “Aí vén o maio”,  que foi publicado hai corenta anos e que aínda ten o récord de vendas da música en galego, pero tamén presenta unha canción do seu novo traballo titulado “29 e 70” en que cambia o rexistro incorporando ritmos clásicos latinos. Pola súa parte, A Roda lembra temas do seu repertorio que se teñen convertido en himnos como “Pousa, pousa” ou “Miudiño”.

As agrupacións musicais de Lalín teñen un protagonismo especial nesta edición de “Luar”. Así, ademais do propio Luis Emilio Batallán, que ten unha estreita vinculación familiar coa capital do Deza, o programa convida ao escenario a Charanga Ardores, De Perdidos al Trío ou da Banda de Gaitas Carballo da Manteiga.

O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso conta tamén coas actuacións de El Consorcio; do cuarteto catalán Las Migas, que fusionan diferentes estilos musicais inspirados en músicas mediterráneas; do grupo portugués da compañía de ballet Los Vivancos e a cantante e actriz francesa Marlene Mourreau

Os espectadores da Televisión de Galicia tamén poden coñecer a orixinal proposta do grupo portugués Ha lobos sem ser na serra en que se unen tres músicos do Alentejo que interpretan melodias desta rexión e un artista visual.

A Orquestra Marbella, o humor de Ramiro e Venancio, os pulsos de Roberto Rodríguez que, nesta ocasión, reta a Los Vivancos e as seccións habituais Luar de Mel, Leña á Ferreña e Recantos completan o programa.

 

Atopar capítulo por: