Polo rego
Programa 91
Índice de contidos
Quedará algo por facer con estrugas neste programa? Si, un xabón cosmético. Que non vos piquen os pelos urticantes destas plantas e si a curiosidade. Atendede ben, que calquera de vós poderá facer esta receita! Quedastes sen pan, pechou a panadaría e estragóusevo-lo forno? Tranquilos, que aínda hai solución: tráenola o noso mestre de-- econoloxía, Lucas. Vainos aprender a facer un pan chapati! Hoxe é o día perfecto pra que a cestería se nos suba á cabeza. Como? Dígollelo eu. A nosa mestra cesteira Lola vainos facer unha coroa de “sisal”, un material ben bonito e ben resistente. Con el teremos unha complemento perfecto pra lucir en aniversarios, vodas, comuñóns e ata festas históricas. Que fariámo-los galegos sen patacas? Por sorte, hai xeitos e xeitos de plantalas pra que non deixen de adorna-los nosos menús. Hoxe, Marta e Manuel vannos aprender un xeito novo de reproduci-lo noso tubérculo favorito.