CRTVG

Buscar

Polo rego

Programa 89

22/04/2020 18:25 h

Índice de contidos

01:40 Iago, 'Horta vertical enlatada'
07:35 Lola, 'Móbil de cestería'
15:22 Lucas, 'O uso dos plásticos na horta'
21:24 Carme, 'Os tubérculos'

Se vos preguntamos exemplos de liliáceas e de umbelíferas, posiblemente poucos saberiades responder. Pero seguro que a frase “mira ben a quen te arrimas!” a escoitastes moitas veces. Yago aprenderanos a Asociar estes dous tipos de plantas como sistema defensivo! A nosa mestra cesteira trae hoxe en “Polo Rego” unha clase sinxela, apta incluso prás mans menos expertas. Lola vai facer un adorno bonito con ratán e fío de Yute, que lle poderá dar vida a calquera recuncho da casa. Na lección de Lucas falaremos da econoloxía dos funxicidas, é dicir, coñeceremos en que se traducen as alternativas naturais pra combate-los fungos á hora de coida-lo planeta …e tamén a nosa economía!
 Dicir que a pataca forma parte do adn galego pode ser unha esaxeración... bastante atinada. Na súa clase, Carme vainos contar como poder dispoñer delas na horta durante todo o ano!

Atopar capítulo por: