Larpeiros
Poliños asados con mel e pasteis de noces e mel
15/10/2015 22:00 h
Hai receitas de bacallau que levan un toque de mel moi curioso. Igual que se lle poñen ás veces pasas, tamén se lle pode engadir mel. É certo que hai xente que non é moi partidaria de mesturar cousas doces e salgadas, pero, como en todo, é cuestión de cantidade. Nun prato salgado, o mel ten que servir para dar un pouco de aroma e suavizar a salsa, pero sempre con prudencia.
Benigno está disposto a demostrar o ben que lle senta o mel a algúns pratos e proporá un xantar que sorprenderá os seus compañeiros: poliños asados con mel. Este produto apícola tamén terá moito que dicir na sobremesa que prepararán Merchi e Leni, que desta volta se decidirán por uns pasteis de noces e mel.