CRTVG

Buscar

Alalá

Plácido Vigueret

06/04/2010 22:05 h

Plácido Vigueret ou Plácido de Meiruco -como lle gusta que o chamen- acaba de converterse nun recoñecido poeta popular na súa terra, en Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños coa publicación do seu libro.

Se por algo foi moi coñecido é por outra arte: a da pandeireta. Desde novo, cando a mercou na feira de Baio con trece anos, soubo que “esa cousa bonita e pequena” como el ben dí, o ía acompañar “ata que dera o último suspiro”.

O seu bisavó compoñía coplas e a súa avoa era unha gran contadora de contos, e con estes precedentes era raro que ó neno non lle gustara unha afección semellante. Tamén foi fiel ó oficio que tódolos varóns da súa familia exerceron: o de carpinteiro; aínda hoxe argalla no seu taller algún choio para manterse ocupado.

Sempre foi esixente en todo o que fixo e fixéronlle propostas para entrar a formar parte dalgún grupo pero reixeitounas ata que volveu de Montevideo. Aquí formou parte do famoso grupo “Os Gaiteiros Enxebres de Neaño”; hoxe Plácido é o único compoñente vivo desta agrupación. Con el saberemos das súas inquedanzas, do amor á súa muller e á pandeireta, das súas vivencias na emigración e de como vive na actualidade Plácido Vigueret.

 

Atopar capítulo por: