CRTVG

Buscar

Larpeiros

Pescada rechea de tetilla e lagostinos, e torta de nésperas

16/06/2016 22:00 h

O cociñeiro convidado desta semana en “Larpeiros”, Carlos Parra, está disposto a cumprirlle o antollo a Adrián e propón facer un xantar en que este queixo sexa un dos grandes protagonistas: pescada con tetilla e gambas, un auténtico prato de aniversario. Para isto, o homenaxeado achegarase a Curtis, onde, coa axuda de Carme, aprenderá a elaborar un dos queixos de tetilla con máis sona do noso país e, xa de paso, farase cunha boa peza para que Carlos lle poida cumprir o gusto. Pero isto non será todo, xa que a festa completarase coa torta de nésperas coa que Marta e Leni agasallarán a Adrián e o resto dos “Larpeiros”.

Atopar capítulo por: