CRTVG

Buscar

Larpeiros

Pavo en salsa de ovo e abelás e quiche de verduras

19/05/2016 22:00 h

Tales son as variedades que hai de cociñar os ovos que ao xefe, don Benigno, ocorréuselle ir un pouco máis alá e empregar ovos para facer un xantar no que non é frecuente empregalos: guiso de pavo con salsa de ovo e abelás. Un prato que tamén se pode facer con polo, coello ou magro de porco. 
E como non, o reporteiro do programa Adri, será o encargado de ir buscar a materia prima para facer esta fantástica receita. Lalín será o seu destino e alí, da man de María José, coñecerá unhas galiñas que viven felices ao aire libre e poñen uns dos mellores ovos de Galicia.
Xa de volta na casa, a festa vai ser completa coa quiche de verduras coa que Leni e Celia agasallarán ao resto de “Larpeiros”. 

Atopar capítulo por: