CRTVG

Buscar

Larpeiros

Pavo con cereixas

11/07/2013

O programa “Larpeiros” está dedicado ás cousas ricas que trae cada estación, aquelas polas que agardamos case un ano enteiro. Cando asoma a primavera, por exemplo, quen non ten ganas duns tirabeques, duns espárragos ou dunhas boas alcachofas? E cando chega a caloriña pasa o mesmo coas cereixas, froita coa que se pode facer case de todo, como marmeladas, xeados, pasteis, etc.

 Don Benigno lembra que as cereixas tamén van moi ben para empregalas nas receitas. E, para demostralo, propón cociñar pavo con cereixas. Para todo isto, Adrián vai voando ata Ribas de Sil, onde, da man de Miguel descobre case todos os segredos do cultivo e recolección das cereixas en Galicia. De volta na casa, a festa vai ser completa co pastel de cereixas co que Merchi e Leni agasallan os seus compañeiros.

Atopar capítulo por: