Larpeiros
Pastel branco con uvas / Xarrete con salsa de améndoas
23/10/2013 22:15 h
Como calquera día é bo para facerlle un homenaxe ás vacas e becerros, don Benigno propón facer un xantar que deixará os “Larpeiros” pampos: un xarrete con salsa de améndoas. E, por se fose pouco, para acompañar estre prato de carne, os cociñeiros van facer unha pasta con verduras e relaranlle un queixo ben especial por riba.
Para iso, Adrián, o “Larpeiro” máis viaxeiro ira voando ata O Courel. Alí, da man de Toño, descubrirá case todos os segredos da cría dunhas vacas e duns becerros dunha das razas autóctonas galegas, a caldelá. De volta na casa, a festa vai ser completa co pastel branco con uvas, co que Merchi e Lola agasallarán o resto de “Larpeiros”.