CRTVG

Buscar

Alalá

Pandereteiras de Seixedos

07/04/2009 22:05 h

Desplazámonos ata Seixedos, un lugar do concello pontevedrés de Covelo para presentarvos a algunha daquelas nenas: Dúas Otilias (madriña e afillada) e Hermosinda e como lles cambiou a vida. Deixaron de tingui-la lá a ter ducias de xerseis e pasaron de ter a corte a un fermoso salón comedor.

Pero o que non deixaron nunca foi de cantar e de tocar a pandeireta. A vida cambioulles moitísimo, unha delas vivíu en plena Guerra Civil e a outra naceu pouco antes dela e das miserias daquela, pasaron a ter unha vida acomodada.

Falaremos da vida das mulleres e o papel que desempeñaban cando tiñan que facer de pai e de nai, por distintas circunstancias, sobre todo pola emigración dos homes ou pola ausencia deles.

Neste Alalá veremos como foron capaces de conservar aquelas cantigas que teñen mais de cen anos, a ilusión e o encanto que teñen ó interpretalas. Estaremos con estas mulleres traballadoras, emprendedoras, inconformistas e encantadoras.

 

 

Atopar capítulo por: