CRTVG

Buscar

Alalá

Pandereteiras de Limiñoa

30/06/2008 22:05 h

Todos os martes desde hai vinte anos, unha ducia de veciños dos arredores reúnense nun garaxe para ensaiar e para lembrar as festas que facían cando eran mozos, nas fiadas e no traballo das leiras.

A maior ten oitenta e cinco anos e a máis nova corenta e cinco. Case todos traballan no campo pero os homes do grupo andiveron tamén ó mar, que lles queda moi preto, cando eran máis novos. Xuntos atesouran unha chea de recordos da dureza e a alegría dos tempos de antes, e ademais posúen toda a sabedoría que dan os anos e a vida na aldea.

Neste Alalá amosaronos o agarimo con que coidan as vacas, o que lles supuxo a chegada da parcelaria, a maneira na que rexoubaban mentres lavaban no río, como hai que facer un cesto con varas de salgueiro, como facían a rosca con ovos de gaivota e cal é o segredo da mítica ribeirá, unha muiñeira que só se baila aquí e que, segundo din, é tan difícil de bailar e tocar coa pandeireta que ningún dos moitos mozos que chegaron ata as súas portas facendo recollida foi quen de aprendela.

Atopar capítulo por: