Larpeiros
Ossobuco con pasta e arroz con leite
13/03/2013
Os “Larpeiros” falan sobre os pratos que nos fan viaxar polo mundo enteiro sen movernos das nosas mesas. Don Benigno propón visitar un país onde saben moito de comer: Italia. E para iso fai un xantar que nos traslada á torre de Pizza: ossobuco con macarróns e queixo.
Adrián sae na busca das cousas necesarias para o xantar e achégase a Vilalba, onde, da man de Ramón e Crisanto, descobre como viven unhas vacas leiteiras felices e como do seu leite sae un dos mellores queixos do mundo: o San Simón da Costa. De volta na casa, a festa é total co arroz con leite co que Merchi e Leni agasallan os seus compañeiros.