CRTVG

Buscar

Alalá

Os Seráns

10/11/2008 22:05 h

Neste Alalá queremos convidarvos a todos a unha festa, a aquelas que se celebraban no inverno e cando baixaban as temperaturas. O xeito de divertirse tiña un nome, “seráns”.

Descubriremos como se facía o serán no sur da provincia de Pontevedra. Concretamente estaremos na parroquia da Ermida, en Pazos de Borbén; pasaremos por San Vicente de Oitavén, en Fornelos de Montes e chegaremos a Aboal, no concello de Mondariz.

A historia dos seráns, o divertimento da época, foi esmorecendo pouco a pouco; pero as ganas dos veciños de contar tódalas andanzas dos seus anos mozos segue viva. En toda esta recuperación están as figuras principais: os protagonistas que os viviron e por outra banda, investigadores como Luis Prego, que pasou moitas horas e días escoitando con ansia e agarimo a tódolos veciños, e que conseguiu que unha tradición adormecida espertara con esta forza.

Atopar capítulo por: